Fontes de información e recursos

Fontes de información e recursos
Fontes de información (Preme na imaxe para ver as fontes bibliográficas dispoñibles)

03 xullo 2026

Documentais de 2º Primaria

O alumnado de 2º de Educación Primaria elaborou documentais durante todo o curso sobre diversas temáticas que investigaron na área de Ciencias. Preme nas imaxes para acceder aos vídeos.

Programa O Corpo Humano

Programa O noso planeta

Programa Mortiña en O Grove

Coñecendo Australia (teatro)



Xornal Dixital (Tarefa final 3º Ciclo Primaria)

 Os nenos e nenas de 5º e 6º de Educación Primaria redactaron noticias sobre diferentes conmemoracións, saídas, charlas e outras actividades levadas a cabo este curso nas que eles participaron e, nalgunhas delas, tamén o resto do alumnado do centro.

Con todas elas elaboraron un xornal dixital, como tarefa final do PDI, que leva o mesmo nome do proxecto: Voces de Ardia.


Para acceder ao xornal preme enriba da imaxe: 



BIOGRAFÍAS DOS PROFESIONAIS DOS MEDIOS DE COMUNICACIÓN

 

Preme na imaxe para ver as biografías.

Os alumnos e alumnas de 6º de Educación Primaria, traballaron a biografía na área de Lingua
galega e literatura, como actividade integradora do PDI “Voces de Ardia”.
Despois dunha fase de investigación sobre profesionais de distintos medios da
comunicación, cada alumno e alumna diseñou na plataforma Canva a biografía dun
profesional deste medio. Os elexidos van dende o creador da tv, pasando por
presentadores e directores de programas de radio e televisión, presentadores de
telexornal, xornalista de deportes, o inventor da World Wide Web (www) e ... ata os
creadores de google.



02 xullo 2026

MECOS POLO MUNDO (Tarefa final de 5º Infantil)

 

O alumnado de 5º de Educación Infantil elaborou un documental sobre Xapón como tarefa final do Proxecto. Preme na imaxe para ver o vídeo.

VOCES DE ARDIA NA RADIO ESCOLAR (2º Ciclo Primaria)


 

Diferentes cursos participaron no Programa de radio escolar ao que lle puxemos o mesmo título que este Proxecto Documental Integrado Voces de Ardia.

Principalmente o alumnado do 2º ciclo de Educación Primaria (3º e 4º) publicaron diferentes podcasts por ser esta a temática escollida para investigar no PDI.

Que sabemos do mundo da comunicación? elaborado por 4º B

Podcasts con temática variada (noticias, anuncios, entrevistas...) elaborado por 4º A

Programa en homenaxe a Rosalía de Castro elaborado por 3º A

Programa adicado a Begoña Caamaño, escritora homenaxeada polas Letras Galegas deste ano, elaborado por 3º B 

20 maio 2026

Mural-Xornal Voces de Ardia adicado ás mulleres da prensa

 

Pola semana da prensa, o equipo de biblioteca propuxo ao alumnado de Educación Primaria elaborar unha páxina dun xornal con noticias relacionadas con mulleres do mundo da prensa. Con todos os artigos creados fixemos este mural colaborativo. Preme na imaxe para ver mellor os traballos do noso alumnado.

26 marzo 2026

The voices of Ardia

 

 
 
O alumnado de 6º de Educación Primaria elaborou este mural-xornal durante o mes de marzo con motivo da Semana da Prensa. Investigaron diferentes persoas do mundo dos medios de comuniciación, observaron a estrutura dos xornais de lingua inglesa  e finalmente crearon as súas propias noticias seguindo o mesmo formato. Preme na imaxe para ver todos os traballos con maior detalle.

Documentais de 2º Primaria

O alumnado de 2º de Educación Primaria elaborou documentais durante todo o curso sobre diversas temáticas que investigaron na área de Cienci...