Fontes de información e recursos

Fontes de información e recursos
Fontes de información (Preme na imaxe para ver as fontes bibliográficas dispoñibles)

03 xullo 2026

Documentais de 2º Primaria

O alumnado de 2º de Educación Primaria elaborou documentais durante todo o curso sobre diversas temáticas que investigaron na área de Ciencias. Preme nas imaxes para acceder aos vídeos.

Programa O Corpo Humano

Programa O noso planeta

Programa Mortiña en O Grove

Coñecendo Australia (teatro)



Xornal Dixital (Tarefa final 3º Ciclo Primaria)

 Os nenos e nenas de 5º e 6º de Educación Primaria redactaron noticias sobre diferentes conmemoracións, saídas, charlas e outras actividades levadas a cabo este curso nas que eles participaron e, nalgunhas delas, tamén o resto do alumnado do centro.

Con todas elas elaboraron un xornal dixital, como tarefa final do PDI, que leva o mesmo nome do proxecto: Voces de Ardia.


Para acceder ao xornal preme enriba da imaxe: 



BIOGRAFÍAS DOS PROFESIONAIS DOS MEDIOS DE COMUNICACIÓN

 

Preme na imaxe para ver as biografías.

Os alumnos e alumnas de 6º de Educación Primaria, traballaron a biografía na área de Lingua
galega e literatura, como actividade integradora do PDI “Voces de Ardia”.
Despois dunha fase de investigación sobre profesionais de distintos medios da
comunicación, cada alumno e alumna diseñou na plataforma Canva a biografía dun
profesional deste medio. Os elexidos van dende o creador da tv, pasando por
presentadores e directores de programas de radio e televisión, presentadores de
telexornal, xornalista de deportes, o inventor da World Wide Web (www) e ... ata os
creadores de google.



02 xullo 2026

MECOS POLO MUNDO (Tarefa final de 5º Infantil)

 

O alumnado de 5º de Educación Infantil elaborou un documental sobre Xapón como tarefa final do Proxecto. Preme na imaxe para ver o vídeo.

VOCES DE ARDIA NA RADIO ESCOLAR (2º Ciclo Primaria)


 

Diferentes cursos participaron no Programa de radio escolar ao que lle puxemos o mesmo título que este Proxecto Documental Integrado Voces de Ardia.

Principalmente o alumnado do 2º ciclo de Educación Primaria (3º e 4º) publicaron diferentes podcasts por ser esta a temática escollida para investigar no PDI.

Que sabemos do mundo da comunicación? elaborado por 4º B

Podcasts con temática variada (noticias, anuncios, entrevistas...) elaborado por 4º A

Programa en homenaxe a Rosalía de Castro elaborado por 3º A

Programa adicado a Begoña Caamaño, escritora homenaxeada polas Letras Galegas deste ano, elaborado por 3º B 

Documentais de 2º Primaria

O alumnado de 2º de Educación Primaria elaborou documentais durante todo o curso sobre diversas temáticas que investigaron na área de Cienci...