Fontes de información e recursos

Fontes de información e recursos
Fontes de información (Preme na imaxe para ver as fontes bibliográficas dispoñibles)

30 outubro 2025

Exposición de cabazas polo Samaín

 
 
 Durante a semana da celebración do Samaín, o alumnado de todos os cursos fixo coas súas familias na casa as cabazas de Samaín relacionadas co Proxecto Documental Integrado para unha exposición no colexio. Preme na imaxe para ver toda a súa creatividade. Grazas familias pola vosa implicación.

23 outubro 2025

PRESENTACIÓN DO PROXECTO VOCES DE ARDIA

 

 

Voces de Ardia é o Proxecto Documental Integrado do Curso 2025-2026 sobre os medios de comunicación que foi presentado á Comunidade Educativa nunha xornada de Portas Abertas o día 21 de Outubro na Biblioteca do Ceip Valle Inclán de O Grove.

Nesta xornada as familias puideron coñecer os servizos da nosa biblioteca escolar e moitas das actividades que levaremos a cabo durante este curso en relación aos medios de comunicación: prensa, radio, televisión...co obxectivo fundamental de mellorar as habilidades comunicativas e coñecer mellor a rápida evolución dos medios de comunicación.

 Retamos ás familias a participar nunha xincana de 8 probas disfrutando todos xuntos na realización das mesmas. Todos os nenos e nenas participantes recibiron un pequeno agasallo realizado polo Equipo de Biblioteca Creativa de 6º de Educación Primaria: un chaveiro con forma de micrófono que fixeron coa impresora 3D.

 



QUE SABEMOS DOS MEDIOS DE COMUNICACIÓN EN 4º DE ED. INFANTIL?

O alumnado de 4º de Educación Infantil iniciou a primeira fase do PDI elaborando este lapbook coa súa titora Isabel. Descubrimos nesta fase ...