Fontes de información e recursos

Fontes de información e recursos
Fontes de información (Preme na imaxe para ver as fontes bibliográficas dispoñibles)

23 outubro 2025

PRESENTACIÓN DO PROXECTO VOCES DE ARDIA

 

 

Voces de Ardia é o Proxecto Documental Integrado do Curso 2025-2026 sobre os medios de comunicación que foi presentado á Comunidade Educativa nunha xornada de Portas Abertas o día 21 de Outubro na Biblioteca do Ceip Valle Inclán de O Grove.

Nesta xornada as familias puideron coñecer os servizos da nosa biblioteca escolar e moitas das actividades que levaremos a cabo durante este curso en relación aos medios de comunicación: prensa, radio, televisión...co obxectivo fundamental de mellorar as habilidades comunicativas e coñecer mellor a rápida evolución dos medios de comunicación.

 Retamos ás familias a participar nunha xincana de 8 probas disfrutando todos xuntos na realización das mesmas. Todos os nenos e nenas participantes recibiron un pequeno agasallo realizado polo Equipo de Biblioteca Creativa de 6º de Educación Primaria: un chaveiro con forma de micrófono que fixeron coa impresora 3D.

 



Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.

QUE SABEMOS DOS MEDIOS DE COMUNICACIÓN EN 4º DE ED. INFANTIL?

O alumnado de 4º de Educación Infantil iniciou a primeira fase do PDI elaborando este lapbook coa súa titora Isabel. Descubrimos nesta fase ...