Fontes de información e recursos

Fontes de información e recursos
Fontes de información (Preme na imaxe para ver as fontes bibliográficas dispoñibles)

24 xaneiro 2026

CREACIÓN DE POSTAIS E VISITA DA CARTEIRA DE CORREOS

 


Unha das actividades que realizou o alumnado de Educación Infantil durante o primeiro trimestre foi a creación de postais para envialas posteriormente por correo postal. Para esta actividade no grupo de 4º de Educación Infantil contaron ademais coa colaboración dunha nai que acudiu á aula para facer un obradoiro cos compañeiros e compañeiras da súa filla. 



Unha vez finalizadas todas as postais, veu a carteira da nosa vila a buscalas. Ensinoulles a todos os nenos e nenas de Ed. Infantil as funcións dos seu oficio e puxeron os selos ás postais. Uns días despois recibiron as postais nos enderezos postos proporcionados polas familias. 
Grazas como sempre pola vosa colaboración.

20 xaneiro 2026

QUE SABEMOS E QUE QUEREMOS SABER NO 3º CICLO DE EDUCACIÓN PRIMARIA

 


O alumnado do 3º ciclo de Educación Primaria elaborou este mural para identificar que é o que saben sobre os medios de comunicación e que é o que queren saber. 






12 xaneiro 2026

QUE SABEMOS E QUE QUEREMOS SABER EN 6ºB DE ED. INFANTIL

 
O alumnado de 6º B de Ed. Infantil realizou a primeira fase de Proxecto cun mural sobre os medios de comunicación. Preme na imaxe para ver todo o proceso.

 

QUE SABEMOS E QUE QUEREMOS SABER EN 6º A de Ed. Infantil

 


O alumnado de 6º A de Educación Infantil realizou un Lapbook cos 4 medios de comunicación máis coñecidos por este grupo. Preme na imaxe para ver todo o proceso de elaboración.

QUE SABEMOS E QUE QUEREMOS SABER EN 4º DE ED. PRIMARIA?



O alumnado de 4º de Educación Primaria realizou estes murais tras as asambleas para averiguar que saben e que queren saber sobre os medios de comunicación e a radio.

 

CREACIÓN DE POSTAIS E VISITA DA CARTEIRA DE CORREOS

  Unha das actividades que realizou o alumnado de Educación Infantil durante o primeiro trimestre foi a creación de postais para envialas po...