O alumnado de 4º de Educación Primaria realizou un programa de televisión sobre moda na área de lingua inglesa. Para a súa elaboración empregaron o Croma da nosa biblioteca creativa e os seus coñecementos adquiridos nesta área de aprendizaxe.
11 febreiro 2026
24 xaneiro 2026
CREACIÓN DE POSTAIS E VISITA DA CARTEIRA DE CORREOS
Unha das actividades que realizou o alumnado de Educación Infantil durante o primeiro trimestre foi a creación de postais para envialas posteriormente por correo postal. Para esta actividade no grupo de 4º de Educación Infantil contaron ademais coa colaboración dunha nai que acudiu á aula para facer un obradoiro cos compañeiros e compañeiras da súa filla.
Unha vez finalizadas todas as postais, veu a carteira da nosa vila a buscalas. Ensinoulles a todos os nenos e nenas de Ed. Infantil as funcións dos seu oficio e puxeron os selos ás postais. Uns días despois recibiron as postais nos enderezos postos proporcionados polas familias.
Grazas como sempre pola vosa colaboración.
20 xaneiro 2026
QUE SABEMOS E QUE QUEREMOS SABER NO 3º CICLO DE EDUCACIÓN PRIMARIA
O alumnado do 3º ciclo de Educación Primaria elaborou este mural para identificar que é o que saben sobre os medios de comunicación e que é o que queren saber.
12 xaneiro 2026
QUE SABEMOS E QUE QUEREMOS SABER EN 6ºB DE ED. INFANTIL
O alumnado de 6º B de Ed. Infantil realizou a primeira fase de Proxecto cun mural sobre os medios de comunicación. Preme na imaxe para ver todo o proceso.
QUE SABEMOS E QUE QUEREMOS SABER EN 6º A de Ed. Infantil
O alumnado de 6º A de Educación Infantil realizou un Lapbook cos 4 medios de comunicación máis coñecidos por este grupo. Preme na imaxe para ver todo o proceso de elaboración.
QUE SABEMOS E QUE QUEREMOS SABER EN 4º DE ED. PRIMARIA?
O alumnado de 4º de Educación Primaria realizou estes murais tras as asambleas para averiguar que saben e que queren saber sobre os medios de comunicación e a radio.
19 novembro 2025
QUE SABEMOS DOS MEDIOS DE COMUNICACIÓN EN 4º DE ED. INFANTIL?
O alumnado de 4º de Educación Infantil iniciou a primeira fase do PDI elaborando este lapbook coa súa titora Isabel. Descubrimos nesta fase os medios de comunicación coñecidos polos máis pequenos e pequenas do colexio.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
Documentais de 2º Primaria
O alumnado de 2º de Educación Primaria elaborou documentais durante todo o curso sobre diversas temáticas que investigaron na área de Cienci...
-
O alumnado de 4º de Educación Primaria realizou un programa de televisión sobre moda na área de lingua inglesa. Para a súa elaboración empr...
-
Para a celebración do Entroido, cada curso escolleu un disfraz relacionado coa temática do Proxecto. Deixamos aquí as fotos e vídeos que res...
-
Despois de moito traballo de investigación sobre o Polo Norte, o alumnado de 4º de Educación Infantil cóntanos o que descubriron. Pr...
.jpg)
.jpg)









