Fontes de información e recursos

Fontes de información e recursos
Fontes de información (Preme na imaxe para ver as fontes bibliográficas dispoñibles)

23 marzo 2026

XA TEMOS LOGO DO PDI!!!

A finais do primeiro trimestre e durante este segundo trimestre todo o alumnado dende 6º de Educación Infantil ata 6º de Educación Primaria realizou nas clases de Arts os logos para o Proxecto Voces de Ardia. Despois dunha dificil selección feita polo Equipo de Biblioteca e profesorado votou de entre os escollidos o logo realizado pola alumna Samantha de 6º de Educación Primaria. Noraboa!

Podes ver todos os logos expostos no gran mural da planta baixa. Tamén podes premer na imaxe e acceder á galería de fotos.
 

09 marzo 2026

REPORTEIROS EN VENECIA ( 6º DE EDUCACIÓN INFANTIL)

 


 
 
O alumnado de 6º de Educación Infantil investigaron a fondo a cidade de Venecia durante todo o primeiro trimestre e o que levamos do segundo. Foron moitas as actividades feitas para acadar este impresionante mural de "VENECIA A TRAVÉS DOS MEDIOS DE COMUNICACIÓN".

Preme na imaxe para acceder á documentación que explica todo o proceso.

 

06 marzo 2026

Aprender xogando en 4º de E.I.

 


 

O alumnado de 4º de Ed. Infantil tivo a sorte de recibir a visita dun pai que lles ensinou un xogo moi divertido sobre os animais do Polo Norte, para o seu proxecto, reporteiros polo mundo. A actividade consistíu "nunha foca que pesca peixes e un oso polar que llos quita".

03 marzo 2026

ENTROIDO VOCES DE ARDIA

Para a celebración do Entroido, cada curso escolleu un disfraz relacionado coa temática do Proxecto.
Deixamos aquí as fotos e vídeos que resumen as actuacións dese día.
 


  Reportaxe fotográfica




Fotocol de grupos-aula




Desfile


Comparsas
 

 Album dos mandadiños Voces de Ardia
 
 
Reportaxe fotográfico feito polo alumnado de 3 anos sobre os mandadiños. Preme na foto do mural para velo máis grande.


 






02 marzo 2026

TELEXORNAL DE 3 ANOS (4º EDUCACIÓN INFANTIL)

 


 

 
Despois de moito traballo de investigación sobre o Polo Norte, o alumnado de 4º de Educación Infantil cóntanos o que descubriron. Preme na imaxe para ver o Telexornal especial do Polo Norte. 

11 febreiro 2026

PROGRAMAS DE TELEVISIÓN EN 4º DE EDUCACIÓN PRIMARIA

 O alumnado de 4º de Educación Primaria realizou un programa de televisión sobre moda na área de lingua inglesa. Para a súa elaboración empregaron o Croma da nosa biblioteca creativa e os seus coñecementos adquiridos nesta área de aprendizaxe.



 

Documentais de 2º Primaria

O alumnado de 2º de Educación Primaria elaborou documentais durante todo o curso sobre diversas temáticas que investigaron na área de Cienci...